Recursos materiais e humanos

p1000482Dispoñemos dunhas céntricas oficinas na cidade de Vigo (Pontevedra) e contamos cos avances técnicos necesarios (equipos de medición e mostraxe, telemetría e teledetección, ferramentas SIX) para abordar con garantías os proxectos máis complexos.

O equipo de dirección de ARCEA Xestión de Recursos Naturais S.L. está constituído por titulados superiores cunha dilatada traxectoria profesional en xestión e conservación da biodiversidade, avaliación de impacto ambiental e divulgación do medio natural, que contan co apoio multidisciplinar de técnicos especialistas nos campos da xeoloxía, a enxeñería ou o deseño.

Rafael Salvadores Ramos. Biólogo, colexiado nº 14.540-X.

Licenciado na Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Zooloxía. Curso de Técnico e Xestor Ambiental (Vigo, 1997, IGAPE e Escuela de Organización Industrial) e formación en Sistemas de Información Xeográfica e Teledeteción aplicada á ecoloxía (Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, 2000). Consultor ambiental en ARCEA desde 1999.

Francisco Arcos Fernández. Biólogo, colexiado 15.731-X.

Licenciado na Universidade de Santiago de Compostela. Doutorando no Departamento de Bioloxía Animal da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Programa de Doutoramento en Biodiversidade e Conservación do Medio Natural, colaborador no Bat Team CIBIO (Universidade do Porto). Cursos de Xestión de Zonas Húmidas (Universidade da Coruña, 1997), Planos de Ordenación e Xestión Cinexética (COB, 1995), SIG ARQVIEW (COB, 1998) e introdución ás aplicacións dos sistemas de información xeográfica e técnicas de teledeteción en ecoloxía (COB, 1998) e Máster en Avaliación de Impacto Ambiental (Instituto de Investigaciones Ecológicas, 1999-2000). Consultor ambiental en ARCEA desde 1999.

Jorge Mouriño Lourido. Biólogo, colexiado 19234-X.

Licenciado na Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de Zooloxía. Curso de Xestión Cinexética (COB) e de Avaliación de Impacto Ambiental da obra pública  (MOPTMA, COTOP e COB). Curso de Agricultura Ecolóxica (Xunta de Galicia). Numerosos artigos e libros publicados desde 1989, principalmente nos campos da ornitoloxía, botánica e especies exóticas invasoras. Consultor ambiental en ARCEA desde 1991.

Os coñecementos e experiencia dos compoñentes deste equipo reflíctense nunha nutrida produción científica no ámbito do medio natural, que avala un riguros labor profesional.