Algúns dos nosos proxectos

 

Plans de recuperación e conservación de especies ameazadas en Galicia.sisón2

ARCEA Xestión de Recursos Naturais S.L. redactou entre 2007 e 2011 para a Xunta de Galicia as propostas técnicas dos plans de recuperación ou conservación dunha serie de especies catalogadas como ameazadas en Galicia, entre elas a escribenta das canaveiras iberoccidental, aves de medios agrícolas extensivos (sisón, avefría e alcaraván) e morcegos cavernícolas (xéneros Rhinolophus e Myotis). Os traballos incluíron o diagnóstico da súa situación (censo e distribución de efectivos, uso do espazo, identificación de factores limitantes, etc.) e a proposta de medidas de manexo. Posteriormente a empresa sigue a traballar en diversos aspectos relacionados coa conservación destas especies, como  o estudo do uso do hábitat e a análise dos parámetros demográficos da escribenta das canaveiras ou o seguimento de efectivos de aves ameazadas na ZEPA de A Limia (Ourense).

 

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

Uso do hábitat da toupa de río (Galemys pyrenaicus) na bacía do río Ulla.

Dende o ano 2012 estamos a traballar en varias accións do proxecto Life+ Margal Ulla relacionadas co estudo do uso do espazo por parte da toupa de río na bacía do río Ulla (Pontevedra e A Coruña). Aplicando técnicas de telemetría, entre outras, estamos avanzando na comprensión de como a especie se relaciona co medio fluvial, xerando coñecementos con aplicación práctica para a súa conservación.

 

 

 

forestal

 

Análise do estado de conservación de hábitats naturais en montes xestionados para produción forestal.

Dende 2011 temos determinado e cartografado os tipos de ocupación e hábitats naturais de zonas non produtivas en máis de 100 montes xestionados para produción forestal repartidos entre as catro provincias galegas e Asturias, totalizando case 1.350 ha. Tamén se localizaron e cuantificaron especies de flora catalogada e plantas exóticas invasoras, avaliando o estado de conservación de cada hábitat en función de diferentes atributos.

 

 

 

cies1

Plan Rector de Uso e Xestión do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

Entre 2009 e 2011 ARCEA Xestión de Recursos Naturais S.L. redactou as propostas iniciais de Plan Rector de Uso e Xestión do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia para a Dirección do Parque e asesorou tecnicamente no proceso do seu seguimento e discusión coas partes interesadas. Previamente, revisouse y ampliouse o documento de diagnóstico do Parque Nacional, incluíndo unha completa descrición e valoración do medio natural terrestre e mariño, a contorna socioeconómica e os usos e aproveitamentos existentes, identificando os factores de presión e propoñendo unha zonificación en concordancia cos valores e usos existentes.

 

 

 

dscn2893

Obradoiro didácticos da exposición Out to Sea. The Plastic Garbage Project.

Desenvolvemos os contidos e preparamos os obradoiros didácticos para escolares, grupos de diversidade funcional, colectividades e familias, da exposición Out to sea. The plastic Garbage Project (O proxecto dos residuos de plástico) en Vigo, para a Fundación Barrié de la Maza a través de Desoños S.L. (2014-2015). Realizáronse 148 obradoiros e 71 visitas guiadas á exposición.The Plastic Garbage Project é unha iniciativa do Museo do Deseño de Zurich e a Drosos Foundation, que pretende chamar a atención sobre a contaminación mariña por plásticos, a súas causas e consecuencias e as solucións.