Especialistas en consultoría ambiental e xestión da biodiversidade

ARCEA Xestión de Recursos Naturais S.L. é unha consultora especializada en medio ambiente radicada  en Vigo (Pontevedra) e constituída por un equipo de biólogos e técnicos con máis de 20 anos de experiencia profesional en asesoría a administracións, empresas e particulares.

O ámbito de traballo de ARCEA Xestión de Recursos Naturais S.L. enmárcase na prestación de servizos especializados no campo do medio natural, incluíndo a investigación aplicada á xestión de especies, espazos e procesos naturais, a redacción e execución de proxectos de planeamento, restauración e manexo de hábitats e a interpretación e divulgación do patrimonio natural.

ARCEA Xestión de Recursos Naturais S.L. conta cos medios humanos e materiais necesarios para ofrecer un traballo eficaz e profesional, apoiándose nunha dilatada traxectoria empresarial, con máis dun cento de proxectos executados nos diferentes ámbitos do seu campo de actuación.