No marco do proxecto Bases para el desarrollo de una estrategia de conservación de los quirópteros forestales en los montes sometidos a explotación forestal , executado por ARCEA Xestión de Recursos Naturais S.L. e beneficiario dunha axuda da VI Convocatoria 2025 do Programa Marco de Responsabilidade Social Corporativa de ENCE, o próximo 30 de setembro manteremos un encontro con xestores de montes veciñais en man común en Cuñas (Ponte Caldelas), onde se exporá a necesidade de conservar oos morcegos, os beneficios que diso se derivan e as medidas que o proxecto promove, pero tamén se recabará a súa experiencia de xestión e identificarán as dificultades existentes na aplicación das medidas de conservación propostas polo proxecto.

